O texto da LOMCE supón unha redución e desfiguración significativa das ensinanzas tecnolóxicas nos primeiros cursos da ESO e a súa desaparición de 4º de ESO e Bacharelato, precisamente naqueles cursos nos que se inclúen
contidos de control e robótica, e nos que o profesorado de
tecnoloxía estaba a introducir paulatinamente o sistema Arduino.
Estas xornadas non estaban dirixidas
unicamente ao profesorado de tecnoloxía, senón que a intención era tamén a de incorporar o sistema de programación Scratch noutras áreas e
materias, dada a súa potencialidade educativa na adquisición de
competencias. Porén, agora atopámonos ante unha reforma educativa
que limitará a autonomía do
profesorado na realización de innovacións educativas, pois verase atado por currículos pechados e probas de avaliación externas.
Desde APETEGA
consideramos que non ten sentido adicar o noso tempo e esforzo a
preparar actividades que poden quedar fóra do currículo se esta lei
se aproba e, en calquera caso, a nosa intención é adicarnos de cheo
a loitar contra o proxecto da LOMCE, que presenta un modelo de
ensinanza anacrónico e completamente afastado das necesidades
formativas que demanda unha sociedade moderna e tecnoloxicamente
avanzada.
No momento en que teñamos algunha
garantía de poder continuar incorporando as linguaxes de
programación, os sistemas de control e a robótica nos currículos escolares consideraremos
a posibilidade de retomar de novo a organización destas xornadas.
Queremos dar as grazas a todas aquelas
persoas que se tiñan ofrecido para colaborar como relatoras, ás empresas que nos deron o seu apoio con patrocinios e a
todo o profesorado que amosou o seu interese en asistir. Agardamos
que nun futuro poidamos sacar isto adiante.
A organización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario