Xornadas Scratch+Arduino

As Xornadas «Scratch + Arduino» é un encontro anual de 2 días que organiza o Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon) en colaboración coa Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA), nun esforzo de difundir o uso do Software e o Hardware Libre no ensino.

Durante as Xornadas «Scratch + Arduino», ofreceranse charlas, obradoiros, táboas redondas, exposición de proxectos persoais e/ou de aula, e sobre todo, un lugar de encontro para profesionais do ensino e afeccionados ao mundo da programación e a electrónica.

Estas Xornadas terán continuidade no mes de maio coa celebración dun «Scratch Day» ou «Día do Scratch», que é unha actividade que se realiza simultaneamente en cidades de todo o mundo e que ten como obxectivo compartir proxectos e experiencias desenvolvidas con Scratch.

Introdución:

  • Scratch é un aplicativo informático destinado a introducir aos nenos e nenas no mundo da programación mediante o uso dunha sinxela interface gráfica, axudando a desenvolver o pensamento algorítmico, a creatividade e a destreza para solucionar problemas.
    Permite crear de forma moi sinxela historias, simulacións e xogos e compartir os proxectos na Rede.
    Scratch está desenvolvido polo grupo «The Lifelong Kindergarten group» no Media Lab do MIT (Massachussets Institute of Tecnology)
  • Arduino é unha plataforma electrónica aberta destinada á creación de obxectos e sistemas interactivos.
    Arduino pode tomar información do contorno a través de sensores conectados a través dos seus puntos de entrada e pode interactuar co contorno controlando luces, motores e outros actuadores conectados aos seus puntos de saída.
    Pódese programar mediante S4A, software baseado en Scratch.

Obxectivos:

  • Dar a coñecer o entorno Scratch entre o profesorado galego.
  • Introducir a programación con Scratch nas actividades de aula de forma interdisciplinaria. 
  • Dar a coñecer a programación de Arduino mediante S4A. 
  • Incidir na necesidade de utilizar software libre na educación. 

Destinatarios:

  • Profesorado do ensino público de Educación Primaria e Secundaria. 
  • Calquera persoa interesada na programación con Scratch e Arduino.

Lugar e data de celebración:


Estrutura, contidos e metodoloxía:

Máis adiante concretaremos o programa completo das xornadas. A idea é organizar relatorios e obradoiros prácticos que recollan os seguintes contidos:
  • Introdución:
  • Introdución a Scratch
  • Exemplos de proxectos de aula con Scratch.
  • Exemplos de proxectos de aula con S4A e Arduino.
  • Obradoiros prácticos de programación con Scratch
  • Instalación de Scratch
  • Programación con Scratch. Bloques, funcións, variables, etc.;
  • Prácticas básicas de programación con Scratch.
  • Propostas de proxectos a desenvolver. 
  • Obradoiros prácticos S4A + Arduino
  • Introdución a Arduino 
  • Compoñentes electrónicos básicos
  • Instalación de S4A 
  • Prácticas básicas de programación con S4A
  • Propostas de proxectos a desenvolver.
  • Programación avanzada de Arduino