Queremos introducir este evento en Galicia, polo que temos prevista a organización dun «I Día do Scratch» no mes de maio de 2013.
Comezaremos coa organización deste evento dentro dus meses, unha vez finalizadas as I Xornadas «Scratch + Arduino», pero podemos ir adiantando os seguintes apuntes:
Obxectivos:
- Crear un punto de encontro no que o alumnado galego poda expoñer e compartir os seus proxectos realizados con Scratch e/ou S4A co resto da comunidade e que, a través do traballo colaborativo, poida aprender novas estratexias e crear novos proxectos.
- Crear un punto de encontro no que o profesorado galego poida compartir e intercambiar experiencias de aula realizadas con Scratch e/ou S4A.
Destinatarios:
- Alumnado dos centros públicos galegos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
- Profesorado dos centros públicos galegos de Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
- Calquera persoa interesada na programación con Scratch e Arduino.
Lugar e data de celebración:
- XX de maio de 2013 (Por determinar)
- XXX en Vigo (Por determinar)
Estrutura, contidos e metodoloxía:
- Exposición de proxectos do alumnado Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
- Obradoiros prácticos
- Xogos